TEO VOLVE DA CASA DE... BRAIS MARTÍNEZ!

A nosa mascota de cor negro xa está de novo na aula despois de pasar a fin de semana co noso compañeiro Brais! Aquí vos contamos o que ocorreu durante estes días tan especiais!

O venres, nada máis chegar da escola, Teo e Brais merendaron, cambiaron de roupa e foron pasear co avó do noso compañeiro. Xa de volta na casa, ducháronse, cearon e botáronse a durmir ben xuntiños.

O sábado, despois de almorzar, decidiron ver un pouquiño a televisión. Logo, Brais liulle á nosa mascota o seu conto, e tamén o levou de visita á casa dos seus avós, onde aproveitaron para montarse no seu tractor.

O domingo, Teo, Brais e os seus papás foron de paseo a Razo. Como se portaron moi ben, merendaron no Centro Comercial de Carballo, e tamén se montaron nalgunhas das atraccións que por alí había.

A Brais encantoulle pasar a fin de semana coa nosa mascota medorenta, e o que máis lle gustou foi presentarlle ao seu canciño. Ata o momento non tiña nome, pero hoxe os Pondaliñ@s decidiron que "Colorines" sería un nome ideal.

Comentarios