CONSTRUÍMOS UN AYAGAG!
Esta mañá un obxecto estraño apareceu na nosa aula, xunto a un nome aínda máis estraño: AYAGAG. Que era iso? Ninguén sabía de que se podía tratar, así que xogamos un pouquiño a pensar, e estas foron as nosas hipóteses: algo para tirar á auga, algo para nadar, un salvadidas, o flotador dun kaiak, unha cana para pescar, un ollo...
1º) Picamos o buraco interior de cada peza.
2º) Coloreamos as dúas pezas circulares.
3º) Decoramos as pezas con gomets.
4º) Pegamos unha peza contra a outra.
5º) Atamos un cachiño de lá a un pau e ás nosas pezas. (Iso xa llo deixamos á profe que aínda é moi complicado para nós)
6º) Divertímonos co noso ayagag.
Como non nos poñíamos de acordo, decidimos escribir a palabra no ordenador, a ver se Internet nos podía axudar. Alí atopamos imaxes dun obxecto moi parecido ao que estaba na nosa aula, e tamén vídeos de nenos e nenas utilizando ese artiluxio. Finalmente, lemos que o ayagag era un dos xoguetes favoritos dos esquimós, e a profe explicounos como debiamos facer para introducir o pauíño polo buraco, xa que niso consistía este xogo polar. Ao principio custounos tanto como pronunciar o seu nome, pero pouquiño a pouco fómolo conseguindo! Gustounos tanto que aceptamos o reto máis que encantados cando a profe nos propuxo construír o noso propio ayagag! Aquí vos mostramos os pasos a seguir:
6º) Divertímonos co noso ayagag.
Que vos parecen as nosas creacións? Quedaron chulísimas! Os nosos amigos os esquimós esperan que tódolos Pondaliñ@s pasasen unha boa tarde co seu xoguete favorito!
Como lle gusta a Lucía o ayagag, xogou xa moito con él, ainda que non acertemos moito en meter o pauiño no burato ja ja ja....pero está entretenida, e a nos ainda nos costa acordarnos do nome do xoguete hasta que ela nolo ten que recordar jijij
ResponderEliminarQue o siga intentando que vai moi ben para a coordinación óculo-manual jejeje Podedes quedar tranquilos polo do nome, a profe lévalle chamando "agayag" desde que o coñeceu! 😂😂😂
Eliminar