MARTA, LUCÍA, ROI, LUCAS, XABIER E HUGO AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

Novos elementos relacionados co Polo Norte e os inuits chegaron á nosa aula. Mirade, mirade!


O pasado martes, a nosa compañeira Marta ensinoulle a Cleo o conto de Miki, unha nena esquimó á que lle suceden unhas aventuras marabillosas con algúns dos nosos animais favoritos do Polo Norte. Por suposto, a profe contounos esta historia, e hoxe a nosa compañeira ensinounos tamén os debuxos polares que fixeron ela e a súa mamá. Gustounos moito o conto de Miki, así que aquí vos deixamos as imaxes da súa historia, a ver se a algún dos Pondaliñ@s lle apetece recordala coa súa familia: "Miki" - Stephen Mackey Moitas grazas Marta!


Nesta imaxe podemos ver o osiño polar que Roi lle regalou á súa amiga Lucía o pasado martes, o Día do Amor e da Amizade. Aínda que é un agasallo, os nosos compañeiros decidiron deixalo na mesa dos esquimós para poder xogar con el de vez en cando. É que cando rematamos pronto algunha das fichiñas que realizamos nas nosas mesas, a profe déixanos xogar na alfombra con tódolos peluches polares que alí temos. Moitas grazas compañeiros!


Lucas ensinounos un pingüín do Polo Sur que xa se transformou nun dos nosos xoguetes favoritos. Menudas risas cando descubrimos a súa maneira de moverse! Grazas compañeiro!


Xabi tróuxonos unhas cartas nas que aparecían unha familia de esquimós: o papá viaxando nun kaiak polo Océano Ártico, a mamá nun trineo paseando polo Polo Norte, o avó pescando acompañado dunha foca, a avoa tecendo peles para confeccionar a súa roupa, a filla xogando nun trineo cun montón de pingüíns e o fillo divertíndose cun reno. Moitas grazas compañeiro!


Hugo emprestounos un quebracabezas do Polo Norte. Todos xuntos fomos colocando as pezas que lle faltaban: un iglú, un pingüín, un esquimó, un peixe, un oso polar, unha foca e un albatros. Pedímoslle permiso e deixounos telo no noso Recanto dos Quebracabezas para xogar con el cando quixésemos, pero temos que coidalo moitísimo para que non rompa e non se lle perda ningunha peza. Moitísimas grazas compañeiro!

Comentarios