IRIA, LUCAS, DANIELLA, NOA E TEACHER AXÚDANNOS A SABER MÁIS DOS ESQUIMÓS!

A nosa zona do proxecto está máis chea que nunca! Aquí vos explicamos por que!


Iria tróuxonos unha foca, e identificámola coma unha foca recén nacida porque ben sabemos que cando son bebés son de cor branca, e conforme van medrando, a súa pel torna de cor gris ou negra. E aínda que a nosa compañeira trouxo esta foca, hoxe contounos que o seu animal favorito do Polo Norte é o oso polar! Moitas grazas Iria!


E mirade que fermosos osos polares apareceron na nosa aula! Daniella e Lucas son os seus donos, pero deixáronnolos na clase para que puidésemos xogar con eles tódolos días! Grazas compañeiros!


Noa ensinounos o esquimó de pedra que durante esta fin de semana fixo cos seus papás! Axudounos moito para imaxinar onde se situaría cada parte do seu corpo! Boa aportación compañeira!


Teacher tamén tiña algo para nós... Durante algúns días deixaranos o seu xogo de pesca! Como Mariña foi a encargada de hoxe, ela tivo a sorte de estrear este xogo. O primeiro que fixemos foi colocar os círculos na alfombra. E menuda sorpresa levamos cando descubrimos que tiñan a mesma forma que os buracos que os esquimós fan no xeo para pescar! Logo, esparcimos tódolos obxectos e, por último, descubrimos que había tres canas, polo que Mariña decidiu que fosen Alejandro e Alonso os que xogasen con ela nesta primeira quenda. A medida que ían pescando, os demais compañeiros clasificaban os obxectos pescados, en función de se se podían atopar no Océano Ártico ou non. A nosa conclusión foi que peixes, baleas, cofres do tesouro e botas si se podían atopar no mar do Polo Norte. Pola contra, non atoparíamos tartarugas, nin cangrexos, nin cabaliños de mar, nin ameixas, nin tampouco polbos. Cando estes nenos remataron, os demais compañeiros tampouco deixaron escapar a oportunidade de transformarse nuns esquimós pescadores!

Comentarios

Publicar un comentario