SEMANA DO SAMAÍN: VENRES!
O día de hoxe era o día grande desta Semana do Samaín, e moitas foron as actividades que tiñamos previstas... Unha vez que sacamos as mochilas e as chaquetas, observamos os nosos disfraces. Menudas caras! Daban medo! Mentres, esperamos a que nos viñesen chamar para o Túnel do Terror escoitando unhas cancións de Samaín, pero pronto chegou o momento de subir ao corredor da segunda planta... Alí nos esperaba Teacher e uns monstros que intentaron asustarnos, pero somos tan valentes que ata nos animamos a meter as mans nunhas caixas fantásticas e a probar uns vasiños con sangue... Aquí nos tendes antes de entrar! Logo, tivemos un pequeno cambio de plans. Era o momento de ver unhas curtas de terror cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, saboreando unhas ricas chuches de Samaín! Xa pola tarde, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sorprendéronnos cun animado baile no patio dos maiores... Aquí vos deixamos a canción terrorífica que interpretaron! Máis tarde, unha vez que...