TEO VOLVE DA CASA DE... LUCAS!

Esta mañá, Lucas chegou emocionado coa súa bolsa de viaxe, desexando contarnos todas as aventuras vividas con Teo durante a fin de semana... O venres pasado, tan pronto como chegaron do cole e despois de merendar, marcharon xogar ao parque coa súa amiga Celeste nunha moto chulísima. Pasárono tan ben que tan pronto como chegaron á casa caeron rendidos e decidiron que era boa idea durmir xuntos. E ó día seguinte? Pois Teo coñeceu aos avós de Lucas e á súa cadeliña, e por primeira vez subiu a un tractor. Menuda experiencia! Teo veu encantado da súa viaxe!

E a Lucas que foi o que máis lle gustou? Pois montar en moto coa nosa mascota! A súa irmá Candela botoulle unha man cos debuxos, pero mirade que ben coloreou el!


E quen será o afortunado ou afortunada desta semana? Moi pronto o descubriremos!

Comentarios

Publicar un comentario