SEMANA DO SAMAÍN: MÉRCORES!

No día de hoxe, á volta do recreo, tocou sentarse na alfombra... Que estaba a piques de ocorrer? Coas bocas ben pechadas e os oídos ben abertos, recibimos aos alumnos e alumnas de 4ºA, que viñan acompañados da súa mestra Belén e dun conto titulado "Fiz, o coleccionista de medos". Queredes saber de que vai? Aquí podedes ver a súa fantástica representación desta historia!


Tamén vos deixamos o conto orixinal, por se vos apetece escoitalo nas vosas casas... Xa víchedes que fomos todos moi valentes e non nos asustamos nadiña!


E despois de darlle un forte aplausto aos nosos fantásticos narradores, o encargado de hoxe, Hugo, entregoulle uns fermosos marcapáxinas de cabaza que nós lle fixemos a estes nenos e nenas para darlles as grazas pola súa visita. Cremos que marcharon moi contentos!


Ademais, aproveitamos para mostrarvos a terrorífica decoración de Samaín que percorre o noso corredor e que chegou ata a nosa porta. Mirade, mirade! Non vos asustedes moito!

Comentarios