SEMANA DO SAMAÍN!

Os Pondaliñ@s xa sabemos que a próxima semana celebraremos o Samaín, e que tódolos días faremos algo especial para conmemorar esta festa tan terrorífica! Agora, queremos que todas as familias coñezades o que estamos preparando...


A partir do luns, os nenos e nenas que o desexen xa poden traer a súa cabaza decorada, que quedará exposta na entrada do colexio ata o venres desa mesma semana. Ademais, para as nosas casas levaremos un regalo fantasmagórico, pero polo momento a mestra Rocío non nos dixo nada máis... Que será?

O martes, revisade ben as bolsas nas que levamos os contos da biblioteca. Este día seremos nós os que vos sorprendamos cun regalo terrorífico! Como puidéchedes comprobar, estes últimos días levamos as mans máis negras do habitual e algo ten que ver con este agasallo...

O mércores, despois do recreo, os alumnos e alumnas de 4ºA visitarán a nosa aula para lernos a historia dun neno con moitos medos que decide que a mellor idea é gardalos nun baúl. Algo semellante faremos nós tamén... E para darlle as grazas, agasallarémolos cuns fermosos marcapáxinas que xa decoramos esta semana.

O xoves pola tarde realizaremos o noso primeiro taller de cociña. A profe díxonos que convertiríamos mandarinas en cabazas, pero aínda non entendemos ben como temos que facer. Averigüarémolo nuns días! Logo, saíremos ao corredor para compartir as nosas creacións cos nenos e nenas de 4 e 5 anos. Nós tamén probaremos os seus platos. Con que nos sorprenderán?

E o venres? O venres é o día grande deste Samaín! Poderemos vir disfrazados e coa cara pintada! E antes de ir ao recreo, subiremos á segunda planta, onde a Teacher nos preparou o seu tradicional Túnel do Terror. Percorreremos o corredor acompañados dos mestres, e alí nos atoparemos cunha decoración terrorífica, sons misteriosos, caixas fantásticas, profes e alumnos disfrazados... Xa sabemos que todo isto é de broma, recalcarémolo toda a semana, e cada vez que vexamos algo que non nos guste demasiado, berraremos "Go Away!". Aínda así, é importante que desde as casas tamén nos botedes unha man e nos tranquilicedes. Recordade, todo o que alí vexamos é de broma! Ese mesmo día, pola tarde, teremos unha sesión de cine terrorífica cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, acompañados dunhas palomitas moi especiais...

FELIZ SAMAÍN A TOD@S!

Comentarios

  1. Entroume medo solo de leer 🎃🎃

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non vos preocupedes, está todo controlado. Non queremos quedar sen peques! :) Xa levamos toda a semana traballando o tema dos medos, xa decoraron o corredor de Infantil e ata lle están collendo gusto a isto de botarlle sustos á profe! ;) Pero Martina co que máis se emocionou foi co taller de cociña. Xa nos dixo que ía ensaiar na casa con mamá facendo tarta de cabaza! :P

      Eliminar
    2. Conta todo 🙄😂😂

      Eliminar
  2. Gustoume moito as cousas que ides a facer

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Para a semana xa iremos subindo fotiños do que imos facendo cada día! :)

      Eliminar
  3. UIII pois a min danme ganas de apuntarme..a todito eh jijijiijij vai ser superdiverrr

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Seguro que si! Vano pasar fenomenal! Xa vos iremos contando :)

      Eliminar
  4. Vaia semana cargadiña de sorpresas vos espera!!! Pasádeo moi ben!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas! Feliz Samaín para vós tamén! :)

      Eliminar

Publicar un comentario