SEMANA DO SAMAÍN: VENRES!

O día de hoxe era o día grande desta Semana do Samaín, e moitas foron as actividades que tiñamos previstas...

Unha vez que sacamos as mochilas e as chaquetas, observamos os nosos disfraces. Menudas caras! Daban medo! Mentres, esperamos a que nos viñesen chamar para o Túnel do Terror escoitando unhas cancións de Samaín, pero pronto chegou o momento de subir ao corredor da segunda planta... Alí nos esperaba Teacher e uns monstros que intentaron asustarnos, pero somos tan valentes que ata nos animamos a meter as mans nunhas caixas fantásticas e a probar uns vasiños con sangue... Aquí nos tendes antes de entrar!


Logo, tivemos un pequeno cambio de plans. Era o momento de ver unhas curtas de terror cos nenos e nenas de 4 e 5 anos, saboreando unhas ricas chuches de Samaín!


Xa pola tarde, os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sorprendéronnos cun animado baile no patio dos maiores... Aquí vos deixamos a canción terrorífica que interpretaron!


Máis tarde, unha vez que subimos á nosa aula, os nenos e nenas de 5ºA visitáronnos para facernos un "Trick or Treat". Despois de gastarnos unha broma onde intentaron asustarnos, nós regalámoslle uns ricos caramelos de Halloween!


E xa para rematar esta semana fantástica, baixamos ao hall para despedirnos das nosas cabazas de Samaín, onde a profe Rocío nos regalou uns gusanitos nunha bolsa moi terrorífica... 


Agora toca descansar durante esta longa fin de semana para chegar o próximo mércores coas pilas ben cargadas!

FELIZ SAMAÍN A TOD@S!

Comentarios

  1. Todo chuliisimooo !! veu tan contentooo intentanto contar todo jijiji feliz puente profee !!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O importante é que o pasen ben e veñan contentos ao cole! Moitas grazas :)

      Eliminar

Publicar un comentario