QUE TRAEMOS DA CASA?

Esta mañá, algunhas mochilas viñan máis cheas do habitual: eran as de Martina, Roi e Leila! Aproveitamos o cachiño que nos quedou entre que quitamos os mandilóns e fixemos o tren de saída para explicar que era o que traían: Martina unha libreta azul que usaba para estudar na casa; Roi dous preciosos monstros de cores, un amarelo e un rosa feitos con goma-eva; e Leila o seu coelliño de peluche. Mirade que contentos!


As nenas e nenos que o desexen, poden traer puntualmente ao longo do curso elementos significativos da súa vida diaria: fotos, contos, cancións, vídeos... Iso si, recordade preguntarlle antes á mestra Rocío a través da axenda, xa que hai días que, polo noso horario, nos virán mellor que outros para ensinar todas estas cousiñas.

Comentarios

  1. Que se levanten antes ca nadie ca alegría de ir o cole!! no tiene precio !! basta con verlle ese sorrisoo !!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario