XOGAMOS NOS RECUNCHOS!

Durante o mes de setembro, as nenas e nenos da aula de 3 anos xogamos libremente nos distintos recantos. Pero a partir de hoxe organizarémonos un pouquiño mellor, e para iso aproveitamos a tarde para explicar como funcionarán ata final de curso. En cada recuncho non pode haber máis de cinco nenos e nenas (para iso colocaremos a nosa foto no panel que toque!), e unha vez que elixamos un, non poderemos cambiar durante o tempo que dure a actividade. Ademais, estamos intentando recordar que mesa aproveitaremos para cada recanto, porque a algúns aínda se nos van os pés para o noso lugar! Para ser o primeiro día, fixémolo fenomenal! Mirade, mirade!

Xabier, Lucas, Daniella, Claudia e Alejandro no Recuncho dos Quebracabezas.

Daniel, Alonso, Naia, Brais M. e Brais P. no Recuncho das Construcións.

Marta, Martina, Lucía, Noa e Mariña no Recuncho da Casiña.

Roi, Aroa V., Andrea, Aroa P. e Nizar no Recuncho da Arte.

Hugo, Izan e Zaira no Recuncho da Biblioteca.

Comentarios