TEO VOLVE DA CASA DE... ALEJANDRO!

Esta mañá, Alejandro chegou á escola moi cargado! Nunha man traía a súa cabaza de Samaín e na outra a bolsa de viaxe da nosa mascota. Que farían Álex e Teo durante a fin de semana? Despois de poñer os mandilóns e facer as rutinas do encargado do día descubrímolo!

O venres, tan pronto como chegou da escola, Teo axudoulle a Alejandro a decorar a súa cabaza. Logo, visitaron o dentista, e a nosa mascota saiu cunha moa empastada! O sábado, Teo coñeceu á avoa de Álex, e tamén á súa curmá Ainhoa, coa que foi ao cine ver a película de "Cigüeñas". A nosa mascota leva dúas semanas comendo palomitas, estase poñendo as botas con estas visitas de fin de semana! E como Alejandro é un neno moi responsable, ensinoulle a Teo como se lle daba de comer aos cabalos, aínda que tamén houbo tempo para xogar... A nosa mascota, Álex e o seu irmán Héctor pasárono en grande entre os rolos que había no seu establo. E o máis impresionante... Aínda que non puideron saír a pasear porque chovía, Teo subiu a un cabalo xigante con Alejandro. Menuda experiencia!

A nosa mascota pasouno en grande! Foi unha fin de semana moi especial, e a Álex o que máis lle gustou foi ir ao cine con el e a súa curmá!

Comentarios