SORPRESAS MONSTRUOSAS!
Despois das actividades da mañá e de encher as nosas barrigolas no comedor, unha sorpresa moi especial nos esperaba na alfombra da nosa aula. Mirade o que nos deixou Teo!
Algúns nenos e nenas xa estrearon estes emocionantes coxíns no momento da relaxación, aínda que os usaremos para outras moitas actividades ao longo do curso... Aproveitamos o coxín de cor negra para recordar con que emoción a asociabamos (o medo!), e para recordar a que lle tiña medo o noso monstro de cores: AOS FANTASMAS!
Descubrimos que moi pronto celebraremos a Festa do Medo, tamén chamada Samaín, e que o noso corredor se encherá de elementos terroríficos. Hoxe xa comezamos a crear os primeiros elementos decorativos. A finais desta semana comezaremos a colgalos e xa vos mostraremos que tanto medo dá o corredor de Educación Infantil!
Mentres traballabamos nas nosas mesas, a mestra Rocío púxonos algunhas cancións propias do Samaín, pero sen dúbida, a nosa favorita foi esta:
Algúns ata saímos da aula tarareándoa... A nosa parte favorita? Ese MUAHAHAHAHA!
Descubrimos que moi pronto celebraremos a Festa do Medo, tamén chamada Samaín, e que o noso corredor se encherá de elementos terroríficos. Hoxe xa comezamos a crear os primeiros elementos decorativos. A finais desta semana comezaremos a colgalos e xa vos mostraremos que tanto medo dá o corredor de Educación Infantil!
Mentres traballabamos nas nosas mesas, a mestra Rocío púxonos algunhas cancións propias do Samaín, pero sen dúbida, a nosa favorita foi esta:
que chula !! hoxe escoitamola toda a tarde !!
ResponderEliminarAlegrámonos de que vos guste! Nós seguiremos con ela estas dúas semanas, e visto o éxito, igual a temos que escoitar durante todo o curso! :)
EliminarEncantalles 😍😍
ResponderEliminarPreciosos coxíns, pondaliñ@s!!!
ResponderEliminarMoitas grazas Revoltiñ@s! :)
Eliminar