SEMANA DO SAMAÍN: LUNS!
Como xa vos anunciamos o pasado venres, hoxe comeza a Semana do Samaín! Esta mañá, os Pondaliñ@s chegamos cargados coas nosas cabazas, e tan pronto como tocou o timbre, mostrámosllas aos nosos compañeiros e compañeiras, e deixámolas expostas na entrada do colexio para que todos vexan as nosas magníficas creacións. Mirade que terrorífico!
Nós tamén quixemos sacar unha foto con elas, e como estamos celebrando a Festa do Medo, intentamos asustarvos coas nosas caras. Grrrrr!
E cando chegamos á clase... Unha saborosa e fantasmagórica sorpresa tiña Teo para nós! El intentounos enganar dicindo que eran fantasmas de verdade, pero pronto descubrimos que eran uns fantasmas de piruleta. Que bromista este Teo!

E para amenizar o día, deixámosvos unha nova canción de Samaín!
Comentarios
Publicar un comentario