A CANCIÓN DO MES DE... OUTUBRO!

Despois destas primeiras semanas coñecendo o colexio e as súas partes, aos compañeiros e compañeiras e ás mestras e mestres, os Pondaliñ@s aprenderemos máis sobre o... CORPO!

Hoxe foi un día de moitos cambios: comezamos con clase pola tarde, algúns nenos e nenas empezaron a comer no comedor e logo marcharon en autobús, tivemos a primeira encargada do día, aumentamos as rutinas de pola mañá, organizamos os recantos...

E ademais disto, descubrimos cal era a canción deste mes, que nos axudará a saber un pouquiño máis sobre o corpo, e que escoitaremos todos os días. Gustounos tanto que hoxe xa a bailamos dúas veces! Igual nunhas semanas vos sorprendemos cunha actuación!

Chámase "Fun ao mercado", é de María Fumaça, e podemos atopala no seu libro-disco titulado "Cantar e bailar para ser máis feliz". Aquí a podedes escoitar unha vez máis!





Comentarios