TEO VIAXA Á CASA DE... LUCAS!

Esta mañá, Teo propúxonos unha idea que nos puxo moi felices! Quería visitar as nosas casas durante a fin de semana porque non lle gustaba nadiña quedar soíño na clase o sábado e o domingo.

Así que hoxe trouxo a súa bolsa de viaxe e decidiu que quería coñecer a casa de Lucas e pasalo moi ben con el, coa súa familia e cos seus amigos durante a fin de semana. Por suposto, Lucas aceptou encantado! Nesa bolsa non trae ningunha muda, senón que viaxa co seu conto "O monstro de cores", e tamén co seu Diario de Viaxe, un libriño no que cada neno e nena que vaia visitando deberá pegar unhas fotografías que lle axuden a Lucas e a Teo a contar que fixeron e que tal o pasaron durante a fin de semana. Ademais, Lucas deberá facer un bonito debuxo no que mostre o que máis lle gustou desta fin de semana tan especial!

Mirade que contento vai Lucas co seu monstro rosa, o que el mesmo elixiu! Recorda que o luns debe estar de volta na escola!


Tendo en conta que isto é algo novo para todos, se a familia de Lucas ou calquera outra ten algunha dúbida ao respecto cando chegue a quenda da súa filla ou do seu fillo, pode escribir durante a fin de semana a ceip.eduardopondal.infantil@gmail.com, un correo do que a mestra Rocío estará o máis pendente posible.

Ademais, por se vos pode resultar de axuda, aquí vos deixamos algúns exemplos desta experiencia noutros colexios:

http://maricarmen-missmaricarmen.blogspot.com.es/search/label/El%20libro%20viajero

http://lasonrisadefrancisco.blogspot.com.es/search/label/libro%20viajero
http://anarubiovicenteros.blogspot.com.es/2015/11/el-libro-viajero-de-nuba.html
https://colegiodonquijote.wikispaces.com/3+a%C3%B1os+A+y+B

Comentarios