CAMIÑAMOS SOBRE O NÚMERO 1!

O número 1 estase convertendo no noso mellor amigo, e xa facemos moitas actividades con el: identificalo e buscalo na aula e no noso Libro dos Números, repasalo co noso dedo máxico, escribilo en area e no encerado... Mañá xa colleremos un pincel para trazalo en papel! E hoxe? Hoxe tocaba facer o percorrido cos nosos pés, porque pola mañá descubrimos que un número 1 apareceu no chan da nosa clase!

O encargado Alonso foi o responsable de explicarnos cómo. Recordamos: "Subimos a montaña e baixamos a montaña", amodiño, chegando ben arriba e baixando ben abaixo. Para ser o noso primeiro día fixémolo fenomenal! Seguiremos perfeccionando os nosos pasos durante estes días, o máis importante é ir interiorizando o número e a súa grafía. Sen présa, pero sen pausa! E intentando mellorar cada día que vai pasando!


Isto fixémolo ao rematar a xornada, unha vez que quitamos os mandilóns, xusto despois de baixar da biblioteca, porque como cada martes, subimos facerlle unha visitiña a Cleo! Aínda que hoxe era ela a que tiña unha sorpresa para nós... DEIXOUNOS LEVAR PARA A CASA UN DOS SEUS LIBROS! E A MESTRA ROCÍO REGALOUNOS A CADA UN DE NÓS UNHA BOLSIÑA ONDE PODER LEVAR OS NOSOS CONTOS! Polo momento son de cor verde e teñen unha tarxetiña co noso nome, pero a familia que así o desexe pode decorala ao seu gusto (con letras, números, formas, debuxos...) para que estas queden moito máis divertidas!

Iso si, Cleo díxonos algunhas cousiñas que debemos ter moi en conta:
1. Temos que coidar os contos que ela nos deixa e tratalos moi moi ben. Nada de rompelos nin escribir neles.
2. Os contos levarémolos sempre o día no que se abra o ovo da Serpe Martes, e traerémolos de volta á escola o día no que se abra o ovo do Crocodilo Venres. Sabemos que se non devolvemos un libro, Cleo non nos deixará levar outro para a nosa casa.
3. Os contos marcharán do colexio e volverán a el sempre na nosa bolsiña, da que tamén debemos coidar. Non a podemos romper, tampouco deixala esquecida na aula, no patio ou no bus, nin intercambiala con algún compañeiro ou compañeira.

E aproveitando que estabamos na biblioteca, que mellor que ler un conto? Hoxe tocou coñecer a historia dunha eiruga un tanto larpeira...

Comentarios

  1. Que bo traballo que suerte teñen os nosos peques!! Gracias Rocio e Xalo!!👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Máis ben... Que sorte temos nós con estes peques! :)

      Eliminar
  2. Bravo bravo!!!! Gracias profes👏👏👏

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas a vós polo voso entusiasmo e colaboración! :)

      Eliminar
  3. Eu xa reconozo que estou enganchada o blog jijijiji eso bravo por eses profes Rocio e Xalo!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois hoxe non imos subir nada! :( Non houbo tempo para fotos porque os profes estivemos moi atarefados axudándolle aos nen@s cunhas fichiñas que fixeron nas súas mesas. Pola mañá estreamos pinceis e témpera co número 1, e pola tarde gastamos ceras e gomets aprendendo máis sobre o corpo. Observamos a cor da nosa pel e comprobamos que non todos temos a mesma cor de pelo. Preguntádelle tamén que teñen os nenos e que teñen as nenas. Estamos intentando cambiar iso de "pito" e "peseta" por "pene" e "vulva" ;)

      Eliminar
    2. Abondo fass !! son moitos nenoss !! e si necesitan o teu tempo todo !! moitas graciasss cantas cousiñass aprendenn !!!!

      Eliminar
  4. Alejandro xa me dixo onte "mama ti non tes pene" ja ja encantame ben súper contento e non para de cantar a canción do twist

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Álex aprende moi rápido! Alegrámonos de que vaia e veña tan contento e cantarín, iso é o máis importante :)

      Eliminar
  5. Daniella está contentísima vai feliz e iso e moi importante,aparte todo o que lle ensinades....ela gustalle leer e fai de profe coa súa mascota kiara.gusta me vela como aprende cada día.moitisimas grazas,profes!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Anda, así que imita aos profes... Iso non nolo conta cando falamos en asemblea! Xa lle pediremos que nos faga algunha demostración! A verdade é que Daniella sempre anda co seu sorriso imborrable, da gusto velos así! :)

      Eliminar
  6. Aroa de momento non aprendio o mesmo que os outros nenos debido a que estubo enferma pero ela vai super contenta. Noraboa os profes Xalo e Rocío

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Por iso non te preocupes que pronto se pon ao día! O máis importante é que veñan contentos e con boa actitude para aprender, e Aroa iso xa o trae :)

      Eliminar

Publicar un comentario