TEO VOLVE DA CASA DE... AROA VEGA!

Esta mañá, Aroa Vega veu á escola acompañada de Teo e da súa bolsa de viaxe, disposta a contarnos as aventuras vividas durante a fin de semana. O pasado venres, Teo e Aroa chegaron tan cansados do colexio que decidiron que o mellor que podían facer era durmir ben xuntiños e descansar moito para pasalo en grande os días seguintes. O sábado, a nosa mascota descubriu o que era un centro comercial, e alí sacou unha foto con Aroa e o seu pai. E o domingo? O domingo tocou tarde de cine en familia! Foi ver a película de Ozzy, e comeu palomitas con Aroa e os seus papás, e tamén co seu irmán Alejandro e a súa irmá Inés. Que divertido! Foi unha fin de semana espectacular, e a Aroa o que máis lle gustou foi ter a Teo na súa casa e compartir momentos con el, cos seus irmáns e tamén cos seus curmáns da Coruña!

Comentarios