SEMANA DO SAMAÍN: MARTES!

No día de hoxe, os Pondaliñ@s levamos para as nosas casas a manualidade que estivemos preparando estes días: unha simpática araña que fixemos coa palma da nosa man, estendendo sobre ela pintura negra cun rolo que a algúns nos fixo algunha que outra cóxega... Tan pronto como puxemos os mandilóns, aproveitamos para sacar unha foto, e aquí estamos con elas! Que vos parecen?





Ademais, como cada martes, subimos á biblioteca facerlle unha visita a Cleo para escoller os contos que levamos para as nosas casas. Aproveitando que estamos no Samaín, a profe Rocío contounos a historia dun horrible monstro verde...


Como xa sabemos, o venres atoparémonos con moitos monstros no túnel do terror (monstros de broma!), e nós non lle temos que berrar "FORA DE AQUÍ!" para que eles marchen, senón que lle berraremos "GO AWAY!", como nos ensinou Teacher. Hoxe practicámola con este monstro. Aquí vos deixamos a canción, por se queredes ensaiar na casa!


Ademais, aproveitamos para informarvos de que esta semana produciuse un pequeno cambio nas nosas rutinas. A profe Luisa non pode vir este xoves á nosa clase, así que hoxe pola mañá subimos á aula de música, e alí aprendemos unha nova canción que nos encantou. A bailar!

Comentarios

  1. Que manualidad máis chula!!! E dou fe que Lucía trouxo moi aprendido o de berrarlle os monstruos go away jejeje... pásano de maravilla no cole

    ResponderEliminar
  2. Moi boa esa teacher! De feito eu chameille profe de ingles e a nena correxiume "no mamá e teacher" 🙄Perdon!!😂

    ResponderEliminar

Publicar un comentario