SAÍDA SUSPENDIDA...

Como ben sabiamos, no día de mañá tiñamos previsto visitar a cidade da Coruña para acudir a un concerto didáctico no Pazo da Ópera e a unha sesión de contacontos na Biblioteca Ágora. Esta saída queda suspendida, xa que a Xunta informou dunha alerta laranxa por refachos de vento superiores aos 90-100 km/h en toda Galicia, quedando suspendidas as actividades no exterior a partir das 15.00 horas. 


Iamos acudir a un concerto didáctico sobre as emocións, e esta mañá coa mestra Luisa estivemos escoitando algunhas das composicións que ao final non poderemos escoitar no día de mañá. Aquí nos tendes bailando un vals cheo de amor...

Comentarios

Publicar un comentario