MANDADOS DE ENTROIDO!


Como ben sabemos, a próxima semana celebraremos o Entroido! Será unha semana moi especial, e aquí están os mandados deste ano:
  • "O luns traia a súa alteza un sombreiro na cabeza": O día no que se abre o ovo do poliño, debemos vir coa cabeza cuberta cun sombreiro, cun gorro, cunha gorra, cunha boina... En definitiva, cuns chapeus ben alegres e coloridos!
  • "O martes se non che dá a lata, has traer paxariña ou gravata": O día no que se abre o ovo da serpe, o noso pescozo deberá vir adornado cunha paxariña ou cunha gravata ben rechamante!
  • "Sexan caros ou baratos, o mércores calza uns bos zapatos": O día no que se abre o ovo da tartaruga, os nosos pés virán cubertos cos zapatos máis coloridos que teñamos nas nosas casas, ou tamén podemos traer un zapato de cada cor.
  • "Para o disfrace do xoves, has poñer o que se che antoxe": O día no que se abre o ovo do peixiño, poderemos traer ao cole o disfrace que nós queiramos. Que sorte! (Iso si, a profe recomenda que os nosos disfraces non sexan enteiros nin teñan cremalleiras na espalda, xa que nos será moi incómodo á hora de ir ao baño)
  • Por suposto, o venres será o gran día, o día no que nos transformaremos en pallasetes e pallasetas! Xa está todo listo? (Ese día non é preciso que os Pondaliñ@s traian mochila. Xa nos encargamos da merenda no cole)

ISTO SERÁ MOI DIVERTIDO!

Comentarios