TEO VOLVE DA CASA DE... LEILA!

Esta mañá, a nosa mascota de cor verde regresou á escola despois dunha fin de semana moi especial na casa da nosa compañeira Leila! Agora mesmo vos contamos que foi o que eles fixeron durante estes días...

O venres, nada máis chegar do cole, Leila presentoulle a Teo tódala súa familia: ao seu papá, á súa mamá, ao seu canciño Duffy e a tódolas mascotas que ten pegadas no corredor da súa casa. Despois de coñecerse e dunha boa merendola, Leila e Teo divertíronse moito no parque de Ponteceso! Pasárono xenial!

O sábado, por mor do mal tempo, tiveron que pasalo na casiña xogando. Leila transformouse nunha profe e tódolos peluches foron os seus alumnos, aos que lles leu tódolos contos de Teo.

O domingo visitaron á avoa Maruja! Na súa casa merendaron e alí a nosa mascota pasouno en grande visitando as galiñas e os colleos que ten a avoa da nosa compañeira!

Como vedes foi unha fin de semana moi especial e Leila e Teo estiveron encantados de pasar estes días xuntos!

Comentarios