AURORAS BOREAIS E UNS ESQUIMÓS MOI ESPECIAIS!

Como prometemos onte, esta mañá continuamos coas nosas auroras boreais! Aquí nos tendes:


Ademais, por fin puidemos ver como era unha verdadeira aurora boreal! Primeiro nas fotos que nos mandou Teo desde o Polo Norte, e logo nuns vídeos que nos puxo a profe na pantalla. Queredes recordalos? Aquí os podedes ver de novo, un desde o Polo Norte e outro desde o espazo:



Pola tarde, descubrimos que as nosas auroras boreais feitas con acuarela xa secaran, e que a profe as dobrara, dándolle forma de... LIBRO XIGANTE! Non nos quixo dicir nada máis, só que para hoxe tiña algo que nuns días pegaríamos no seu interior... Aquí nos tendes decorando uns esquimós, pero non son uns esquimós calquera... SOMOS NÓS!

Comentarios