SEMANA DO ENTROIDO: MARTES!
No día de hoxe seguimos cos mandados de Entroido, e desta vez tocou adornar o noso pescozo... Tiñamos gravatas e paxariñas de todo tipo!
Aroa P., Hugo, Martina, Lucía, Roi, Izan e Nizar trouxeron gravatas de tea ben coloridas.
Alonso, Noa, Zaira e Andrea apareceron cunhas gravatas ben brillantes.
Lucas, Mariña, Brais P., Leila, Marta, Xabi e Aroa V. viñeron cunhas paxariñas de tea moi coloridas.
Daniella, Brais M., Claudia e Iria trouxeron uns paxariñas moi brillantes.
Tamén tiñamos paxariñas de pallasete! Naia e a profe Rocío foron quen apareceron con elas!
Mirade que guapos estamos! A ver con que vos sorprendemos mañá nos nosos pés!
Comentarios
Publicar un comentario