PINTAMOS AURORAS BOREAIS!
Despois dunhas semaniñas de espera, esta tarde tocou estrear as acuarelas que nos regalou o Apalpador! Fai uns días que falando do ceo do Polo Norte a profe nos contou que este cambiaba de cor cada noite. En Ponteceso o ceo sempre é de cor negra, pero alí podemos ver as famosas auroras boreais e as súas múltiples cores!
Nunca vimos unha, así que hoxe tivemos que poñer a proba a nosa imaxinación e pensar como serían, dándolle a forma e as cores que nós quixemos.
Como vedes, só tivemos tempo de realizar dúas quendas con oito nenos e nenas cada unha. Que non se preocupe o equipo amarelo, nin tampouco Marta e Xabi, porque mañá poderedes realizar as vosas auroras boreais! Ademais, mañá será o día no que poidamos ver as fotografías que nos trouxo Teo do Polo Norte e algúns vídeos para comprobar dunha vez por todas como son as famosas auroras boreais!
PD: Agora que xa estamos metidos no tema do circo, e aínda que no Entroido vaiamos disfrazados de pallasos e pallasas, nestas semaniñas tocará transformarse en magos e magas e facer un pouquiño de maxia. Esas auroras boreais só son o principio de algo máis grande. Pouquiño a pouco xa o iremos descubrindo...

deseando velo......jijijijij
ResponderEliminarHai que ter un pouquiño de paciencia, aínda queda moita maxia por facer... (Na seguinte entrada do blog descubriredes algo máis 🙊)
Eliminar