SEMANA DE ENTROIDO: XOVES!

Nesta semana de Entroido, por fin chegou un dos días máis esperados... O día no que puidemos traer o noso disfrace preferido! Tiñamos princesas, superheroes, policías, pallasos, animaliños, un par de demos, unha sevillana, unha pirata, unha laranxa, un mariachi, un emoticono... Estabamos guapísimos, mirádenos ben!


Pola tarde, como estabamos un pouquiño alterados e sen moitas ganas de traballar, decidimos alongar o recreo de comedor e seguir xogando xunto aos nosos compañeiros de 4 e 5 anos! Mentres, aproveitamos para sacar unhas fotiñas cun unicornio que por alí apareceu...

Comentarios