SEMANA DO ENTROIDO: LUNS!
Como somos uns Pondaliñ@s ben obedientes, esta mañá chegamos á escola coas nosas cabezas cubertas por uns sombreiros ben animados. Había chapeus de todo tipo:
Mirade que guapos estamos!
Gustounos tanto isto de traer sombreiros ao cole, que no patio algunhas Pondaliñas montaron unha tenda na que compraban, vendían e intercambiaban os seus chapeus!
Aroa P., Iria, Andrea, Hugo, Mariña, Lucas, Noa e Daniella trouxéronos de pallasetes.
Brais P., Marta, Lucía, Izan e Xabi viñeron cuns moito máis campestres.
Zaira, Brais M. e Alejandro apareceron cuns ben brillantes.
Alonso e Aroa V. traían os sombreiros de disfraces tan coñecidos coma o de pirata ou o de vaqueira.
Leila e Naia viñeron con gorros de neve.
Martina e Claudia apareceron cunhas boinas de cor rosa.
Roi e a profe Rocío trouxeron uns sombreiros de animais, e transformáronse nunha vaca e nunha abella.
Mirade que guapos estamos!
Gustounos tanto isto de traer sombreiros ao cole, que no patio algunhas Pondaliñas montaron unha tenda na que compraban, vendían e intercambiaban os seus chapeus!
jajajajjaja estades todos ben juaposss !!!!
ResponderEliminarPura xenética jejeje 😋
EliminarQue guapos estades todos
ResponderEliminarMoitas grazas! 🤠
EliminarEncantádesme!!!!guapos guapos je je je je....a seguir disfrutando do carnaval😘😘😘
ResponderEliminarA ver con que nos sorprenden hoxe! 👔🎀
Eliminar